Mostrando entradas con la etiqueta Convivencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Convivencia. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de febrero de 2022

Manual de estratexias de modificación de conduta

Manual con ferramentas e orientacións para intervir en problemas de conducta en contextos educativos. 

Autores: Juan Pedro Martínez Ramón e Francisca Gómez Barba.

Fonte: Orientación Condesa

Fai clic na imaxe


jueves, 7 de octubre de 2021

6 cortos para fomentar a amizade


 

Aquí vos deixoo 6 cortos que poden servir para fomentar a amizade nas nosas aulas.

1. Oktapodi

Esta curta permítenos traballar cos nosos alumnos distintos valores: amizade, esforzo, constancia e agarimo.

2. Cambio de pilas

Este é un vídeo que nos amosa a importancia do tempo e da familia. Un fillo envía un paquete á súa nai porque non pode visitala. O paquete contén un robot que lle axuda a facer as tarefas domésticas. O robot termina sendo coma un fillo. Come con ela e mesmo ven a televisión xuntos. Co paso do tempo... mira até o final! Emocionarache.

3. Monsterbox

Monsterbox é unha curta de animación creado como proxecto de fin de estudos gráficos por computador en 3D da Escola de Arte e Deseño Bellecour. Na curtametraxe vemos a amizade que xorde entre un ancián e unha nena. A amizade hai que cultivala como se cultiva unha planta, hai que pór algo da nosa parte para que floreza. 

4. Partly Cloudy

Partly Cloudy lévanos até o ceo e a misión especial que teñen un grupo de cegoñas que son as encargadas de traer até a terra a todos os seres recentemente nados. Unhas levan bebés, outras pequenos animalitos. Estas criaturas fabrícanas as nubes e, desde alá arriba, as cegoñas voan para entregalos ás súas mamás respectivas. Todas as nubes son brancas e esponjadas, e os seus bebés perfectos. Pero que sucede nas minchas grises, esas que, de cando en vez, arroxan raios e choiva?  Sen dúbida, un fermoso curto que nos fai reflexionar sobre a necesidade de aceptarnos tal e como somos, e de como a amizade rompe calquera barreira.

5. Lily

Unha bonita curta de inverno sobre a amizade dunha nena co seu boneco de neve. É deses curtos que chega ao corazón.

6. Embarked

martes, 5 de octubre de 2021

"Bientratando": Guia para a xestión da aula

Bientratando é unha guia elaborada pola Comunidade Foral de Navarra no marco de VINA Campaña para a mellora da convivencia nos centros escolares. Trátase dun manual breve con moitas ideas para a xestión da convivencia na día a día da aula, pensada especialmente para os niveis de secundaria.


BIENTRATANDO: NORMAS DE AULA E PROACTIVIDAD. 

CARA Á DISCIPLINA POSITIVA

Fai clic na imaxe

lunes, 6 de septiembre de 2021

O PREGUNTOIRO

Moi pronto voltaremos ás clases e algúns teredes novos compañeiros e compañeiras. Para crear grupo e sentir que se pertence, é necesario coñecer ós teus iguais. Crear comunidade axuda a sentirse parte do grupo no que estás. 
Ter habilidades de comunicación que faciliten as relacións sociais cos outros e outras, axuda a esa acollida e integración. Ás veces, non queda máis remedio que ser PREGUNTÓN, querer saber para iniciar conversacións. Aquí che deixo unhas cantas preguntas. 
Tamén valen para os profes para facilitar os círculos de diálogo e facer un chequeo emocional da aula, tendo en conta as circunstancias nas que estamos a vivir e despois de máis de seis meses, sen volver a estar en contacto coa rapazada. Este ano, terémolo máis complicado, polas distancias de seguridade para sentarnos en círculo todos xuntos. Algo se nos ocurrirá ao equipo de convivencia.


Fai clic aquí


Fonte: Lourdes Otero Rodríguez. Orientadora de IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas.

jueves, 3 de diciembre de 2020

Manual de boas prácticas na interacción coas persoas con discapacidade.

O respecto á dignidade das persoas con discapacidade desde a perspectiva dos dereitos humanos, engadindo a equidade, accesibilidade universal ou a igualdade, implica recoñecer un espazo no que asuman o poder de decisión sobre as súas propias vidas e participar de forma plena na vida política, económica, social e cultural da súa comunidade, sempre desde a equiparación de oportunidades e igualdade de dereitos para todas as persoas.

A discapacidade, como circunstancia na vida das persoas, é un elemento máis que reflicte a diversidade e a riqueza dos seres humanos. A discapacidade non é unha realidade estanca, senón que forma parte do crisol da sociedade.

Existe unha variedade de termos para designar ás persoas con discapacidade pero actualmente, existe unha forma xeneralizada e con amplo consenso, mesmo normativo, que se considera correcta: “Discapacidade” e “Persoas con Discapacidade”. Hai que erradicar outras terminoloxías como; minusvalía, diversidade funcional, minusválido/a, discapacitado/a, atrasado/ a, especial, incapaz, etc.




Fai clic na imaxe para acceder ao manual