jueves, 7 de octubre de 2021

6 cortos para fomentar a amizade


 

Aquí vos deixoo 6 cortos que poden servir para fomentar a amizade nas nosas aulas.

1. Oktapodi

Esta curta permítenos traballar cos nosos alumnos distintos valores: amizade, esforzo, constancia e agarimo.

2. Cambio de pilas

Este é un vídeo que nos amosa a importancia do tempo e da familia. Un fillo envía un paquete á súa nai porque non pode visitala. O paquete contén un robot que lle axuda a facer as tarefas domésticas. O robot termina sendo coma un fillo. Come con ela e mesmo ven a televisión xuntos. Co paso do tempo... mira até o final! Emocionarache.

3. Monsterbox

Monsterbox é unha curta de animación creado como proxecto de fin de estudos gráficos por computador en 3D da Escola de Arte e Deseño Bellecour. Na curtametraxe vemos a amizade que xorde entre un ancián e unha nena. A amizade hai que cultivala como se cultiva unha planta, hai que pór algo da nosa parte para que floreza. 

4. Partly Cloudy

Partly Cloudy lévanos até o ceo e a misión especial que teñen un grupo de cegoñas que son as encargadas de traer até a terra a todos os seres recentemente nados. Unhas levan bebés, outras pequenos animalitos. Estas criaturas fabrícanas as nubes e, desde alá arriba, as cegoñas voan para entregalos ás súas mamás respectivas. Todas as nubes son brancas e esponjadas, e os seus bebés perfectos. Pero que sucede nas minchas grises, esas que, de cando en vez, arroxan raios e choiva?  Sen dúbida, un fermoso curto que nos fai reflexionar sobre a necesidade de aceptarnos tal e como somos, e de como a amizade rompe calquera barreira.

5. Lily

Unha bonita curta de inverno sobre a amizade dunha nena co seu boneco de neve. É deses curtos que chega ao corazón.

6. Embarked

No hay comentarios:

Publicar un comentario