jueves, 3 de diciembre de 2020

Manual de boas prácticas na interacción coas persoas con discapacidade.

O respecto á dignidade das persoas con discapacidade desde a perspectiva dos dereitos humanos, engadindo a equidade, accesibilidade universal ou a igualdade, implica recoñecer un espazo no que asuman o poder de decisión sobre as súas propias vidas e participar de forma plena na vida política, económica, social e cultural da súa comunidade, sempre desde a equiparación de oportunidades e igualdade de dereitos para todas as persoas.

A discapacidade, como circunstancia na vida das persoas, é un elemento máis que reflicte a diversidade e a riqueza dos seres humanos. A discapacidade non é unha realidade estanca, senón que forma parte do crisol da sociedade.

Existe unha variedade de termos para designar ás persoas con discapacidade pero actualmente, existe unha forma xeneralizada e con amplo consenso, mesmo normativo, que se considera correcta: “Discapacidade” e “Persoas con Discapacidade”. Hai que erradicar outras terminoloxías como; minusvalía, diversidade funcional, minusválido/a, discapacitado/a, atrasado/ a, especial, incapaz, etc.




Fai clic na imaxe para acceder ao manual

No hay comentarios:

Publicar un comentario