Mostrando entradas con la etiqueta Dislexia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dislexia. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de febrero de 2022

Pautas sobre Dislexia para mestre/as

Comparto un documento elaborados pola Asociación Agadix (Asociación Gallega de Dislexia) con pautas para o profesorado de cara a atención do alumnado con dislexia: 

Fai clic na imaxe.


Resultado de imagen de agadix

viernes, 14 de enero de 2022

Guía de ensino do inglés para alumnos con Dislexia e outras dificultades de aprendizaxe

Comparto esta excelente guía editada pola Rexión de Murcia en 2018. Trátase dun manual en toda regra con amplísimas orientacións para o ensino do inglés ao alumnado con dislexia e outras dificultades de aprendizaxe.

A guía está estruturada en oito capítulos. Parte do máis xeral, sobre como detectar alumnos disléxicos, e a continuación proporciona unhas orientacións metodolóxicas. Posteriormente desenvolve as técnicas para traballar o vocabulario e as 4 destrezas principais: listening, speaking, reading e writing.

Tamén ofrece pautas para as familias e orientacións para as adaptacións curriculares.

Finalmente facilita distintos enfoques de ensino desde a perspectiva metodolóxica como as intelixencias múltiples, a aprendizaxe por proxectos e actividades lúdicas como o teatro musical. Por último ofrece unha bibliografía básica ilustrativa.

Fai clic na imaxe