lunes, 6 de septiembre de 2021

O PREGUNTOIRO

Moi pronto voltaremos ás clases e algúns teredes novos compañeiros e compañeiras. Para crear grupo e sentir que se pertence, é necesario coñecer ós teus iguais. Crear comunidade axuda a sentirse parte do grupo no que estás. 
Ter habilidades de comunicación que faciliten as relacións sociais cos outros e outras, axuda a esa acollida e integración. Ás veces, non queda máis remedio que ser PREGUNTÓN, querer saber para iniciar conversacións. Aquí che deixo unhas cantas preguntas. 
Tamén valen para os profes para facilitar os círculos de diálogo e facer un chequeo emocional da aula, tendo en conta as circunstancias nas que estamos a vivir e despois de máis de seis meses, sen volver a estar en contacto coa rapazada. Este ano, terémolo máis complicado, polas distancias de seguridade para sentarnos en círculo todos xuntos. Algo se nos ocurrirá ao equipo de convivencia.


Fai clic aquí


Fonte: Lourdes Otero Rodríguez. Orientadora de IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario