lunes, 11 de octubre de 2021

Contos con pictogramas


Na seguinte páxina, Aprendices visuales, atoparás contos con pictogramas que podes descargar, algúns deles contan con apps relacionadas co conto. A descarga de ambos é gratuíta.


Fai clic na imaxe


A web Aprendices Visuais comparte unha serie de contos infantís online con pictogramas, cuxo protagonista é un neno chamado Jose. Están dirixidos especialmente a nenos con TEA ou con outras necesidades de aprendizaxe. Conta con dúas coleccións: "Aprende" e "Goza".


A colección “Aprende” conta con 15 contos onde os nosos pequenos aprenderán autocuidados, rutinas e emocións. Contos cunha estrutura sinxela para a correcta comprensión e aprendizaxe de habilidades básicas.


A colección “Goza” son contos dirixidos principalmente á diversión e o entretemento. Historias orixinais de aventuras cuxo deseño, redacción e ilustración está enfocada á mellor comprensión por parte dos nenos e nenas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario