Este é un blogue profesional no que iremos deixando información, reflexións e recursos. Está dirixido a todos os implicados no proceso educativo: alumnado, docentes, pais e nais. Os membros do Departamento de Orientación esperamos que vos axude e vos resulte interesante e desexamos que sexa un lugar de encontro entre todos os membros desta comunidade educativa.
miércoles, 18 de noviembre de 2020
Guía de orientacións para o uso da tecnoloxía na docencia.
Comparto unha excelente guía con orientacións para o uso da tecnoloxía na docencia, publicada na web de Plena Inclusión, e elaborada por Mábel Villaescusa e Antonio Márquez, con ilustracións de Pernán Goñi.
Nesta guía atoparás consellos para evitar a fenda dixital e académica, orientacións para mellorar a accesibilidade do alumnado aos contidos dixitais, como favorecer o traballo autónomo do alumnado desde casa, como proporcionar apoio ao alumnado a distancia, ou como elimintar as barreiras cognitivas do alumnado con discapacidade intelectual, entre outros moitos contidos.
Trátase dun recurso impresdincible para levar a cabo unha docencia a distancia que asegure unha continuidade co ensino presencial.
Fai clic aquí
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario