lunes, 20 de septiembre de 2021

DECÁLOGO PARA UN CORRECTO USO DOS DATOS DE CARÁCTER PERSOAL NOS CENTROS EDUCATIVOS

Os centros educativos desempeñan un papel fundamental no desenvolvemento e progreso da sociedade. Teñen encomendada a función docente e orientadora dos alumnos, o que esixe o tratamento dos seus datos persoais xunto aos doutros colectivos como pais, titores ou profesores. Desde o momento da solicitude de praza nun centro, a fase de matrícula, a xestión de expedientes académicos, de bolsas ou de axudas, ata os servizos de comedor, transporte, etc. inherentes ao funcionamento do sistema educativo; así como para a posta en marcha e desenvolvemento de actividades extraescolares.


Os centros educativos, na súa tarefa de facer efectivo o dereito fundamental á educación que constitúe a súa razón de ser, tamén han de observar o dereito fundamental á protección dos datos de carácter persoal que, ao non constituír a súa actividade principal, en ocasións xera dúbidas sobre a interpretación e aplicación da súa regulación.


Fai clic na imaxe para acceder á guía

No hay comentarios:

Publicar un comentario