Con estas tres actividades podedes afianzar os números do 1 ao 3 (ou máis se queredes). Para iso utilizaremos materiais de reciclaxe ou que teñades pola casa.
Actividade 1:
Materiais: Cartóns, pinturas, botóns ou tapóns e un cuenco.
Realizamos un debuxo que lles guste aos nenos (no noso caso pedazos de sandía) e os tapóns faran as veces de pebidas. Tamén faremos os números necesarios.
A actividade consite en ir contando as pebidas e relacionalo co número. Outra posibilidade é que lle poñades o número e que teña que por as pebidas.

Actividade 2:
Materiais: Cartón, tapóns coa base de enroscar e belcro.
Faremos uns cantos debuxos de cores variadas (no noso caso cans). Nun cartón pegaremos as bases dos tapóns e nove cachiños de velcro coma na foto.
A actividade consiste en ir contando os cans e enroscando o tapón que lle corresponde na base. Outra posibilidade e que teña postos os tapóns e que teña que contar e colocar os cans.
Actividade 3:
Materiais: Unha base de papel de cociña, pintura e tubo do papel de cociña ou hixíénico rematado.
Teredes que pintar os números nos rolos (no caso do rolo de cociña deberedes cortalo en varios como vedes na foto)
A actividade consiste en colocar os rolos na orde correcta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario