domingo, 15 de marzo de 2020

Organizarse cos nenos na casa


Organizarse neste período cos/as nenos/as na casa é posible. Os móbiles, consolas e series de televisión  estan ben para que non se aburran, pero tampouco debemos deixar que abusen.  Hai tempo para todo, de modo que dando prioridade a que se atopen ben vexamos que podemos facer para organizarnos.



Horarios 

O  feito de estar na casa non ten por que significar que os/as nenos/as non teñan un horario que cumprir. A súa rutina cambia, pero é preciso establecer un horaio e facer que o cumpran igual pero dentro de casa. Podemos seguir levantándoos á mesma hora (quizais non tan cedo como cando van ao  colexio), que se duchen, almorzar e prepararse para o día, porque teñen as tarefas e deberes marcados polos  titores/as e os diferentes mestres especialistas. Toda a familia debe organizarse con respecto ao horario, de modo que mentres eles/as adican a mañá ás súas tarefas escolares, nos podemos dedicarnos a teletraballar (se é o que temos que facer) e facer outras tarefas na casa (os máis pequenos tamén poden colaborar).

Pola tarde podemos dedicarnos un pouco máis ao tempo libre. Xa sexa ver unha serie en familia,  ou  quizais facer outras actividades cos/as nenos/as que lles poidan divertir ( xogos,  debuxar,..). En canto á hora de deitarse, non deixemos que se vaian a durmir ás tantas. Deben descansar dá mesma forma que farían se fosen á escola ao día seguinte.

Tempo coa televisión, tableta, consolas,...

Limitemos as pantallas todo o que podamos. É preferible que teñan outras opcións de lecer antes que pasarse horas e horas diante do móbil, a tableta ou computador (a non ser que se trate do horario que dedican a estudar). Pensemos en cousas que poden ser divertidas, como facer manualidades ou cociñar xuntos e limitemos o móbil e as consolas como seguramente xa facemos as fins de semana ou en vacacións.

Tempo para xogar 

Seguro que algunha fin de semana chuviosa tocouvos quedar na casa e víchedes como o/a neno/a por propia iniciativa ía ao seu cuarto para xogar, a pintar ou a construír. Por que non deixar que o faga  agora? Pode ser unha dás mellores maneiras de que o tempo se lle pase sen aburrirse. Aproveitemos  nos eses momentos de xogo e pasemos tempo con eles/as  agora que podemos.

Tarefas domésticas en familia 

A limpeza da casa é algo esencial, pero agora moito máis, polo que aproveitemos algúns momentos  do día ou algúns días en concreto para realizar as tarefas da casa en familia. Os/As nenos/as  sentiranse útiles e ata mesmo lles pode parecer divertido. Podemos aproveitar ademais para que aprendan cousas como cociñar, poñer unha lavadora ou para que saiban como facer a cama correctamente.


Como conciliar ou  teletraballo? 


Como mencionamos antes. Tócanos teletraballar estes días, teremos que aproveitar os momentos nos que os/as nenos/as están coas súas tarefas escolares para traballar (aínda que seguro que sufrimos algunha que outra interrupción para que lles axudemos). Ademais, se é posible, será bo que teñamos un recuncho da casa para poder traballar co computador e que non nos molesten.

No hay comentarios:

Publicar un comentario