Comparto esta excelente guía editada pola Rexión de Murcia en 2018. Trátase dun manual en toda regra con amplísimas orientacións para o ensino do inglés ao alumnado con dislexia e outras dificultades de aprendizaxe.
A guía está estruturada en oito capítulos. Parte do máis xeral, sobre como detectar alumnos disléxicos, e a continuación proporciona unhas orientacións metodolóxicas. Posteriormente desenvolve as técnicas para traballar o vocabulario e as 4 destrezas principais: listening, speaking, reading e writing.
Tamén ofrece pautas para as familias e orientacións para as adaptacións curriculares.
Finalmente facilita distintos enfoques de ensino desde a perspectiva metodolóxica como as intelixencias múltiples, a aprendizaxe por proxectos e actividades lúdicas como o teatro musical. Por último ofrece unha bibliografía básica ilustrativa.
Fai clic na imaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario