lunes, 15 de marzo de 2021

PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL

O Plan de Benestar Emocional é un documento publicado pola Xunta que procura previr posibles problemáticas derivadas da pandemia entre o alumnado, así como dotar de ferramentas ao profesorado desde un enfoque pedagóxico, metodolóxico e sanitario.
O plan propón pautas de observación para a detección de problemas de benestar emocional, así como ofrece modelos de intervención. 
 Ademais realiza unha proposta didáctica grupal de educación emocional con 24 actividades estruturadas a través de catro eixes: 

  • Conecta, que favorece a creación de espazos de comunicación e escoita e a identificación das emocións propias e alleas. 
  • Respecta, dirixido a tomar conciencia dos novos cambios nos hábitos e relacións sociais derivadas da covid-19. 
  • Regula, que desenvolve aspectos relacionados coa regulación emocional e o afrontamento dos conflitos para aprender a tolerar a frustración e evitar situacións de estrés. 
  • Vive, para o fomento de actitudes positivas, sentimentos de gratitude e solidariedade co fin de recoñecer o esforzo e xenerar un beneficio común.


Fai clic na imaxe para acceder á proposta

No hay comentarios:

Publicar un comentario