Con sorrisos ou bágoas. Así comeza o primeiro día de clase para miles de nenos/as. E é que, ben porque acudan por primeira vez á escola, ben porque se volva á mesma, nada como levar da mellor forma esta experiencia.
Partindo da base de que ese primeiro día é difícil para todos, pois supón que as vacacións terminaron e hai que volver á realidade e a rutina, xeralmente lévano peor os pais que os nenos. Aos/as nenos as fáiselles difícil separarse dos seus pais porque estiveron afeitos pasar moito tempo con eles, pero alégralles ver aos seus amigos/as ou á súa mestra/mestre.
Así as cousas e dado a que o mal momento non só o pasan os/as nenos/as, tamén os pais, aconséllase dar o paso canto antes. O normal son os choros, pero mesmo neste día tan difícil para os/ as nenos/as cremos que o senten máis os pais, especialmente os pais dos/ as nenos/as máis pequenos. Despois de anos de experiencia, comprobamos que canto máis pequeno/a é o/a neno/a mellor é a adaptación. Con todo os pais senten bastante mal ao deixar a “alguén tan pequeniño” noutras mans que non sexan as súas. As adaptacións nos/as nenos/as máis maiores conlevan máis dificultade para os/as pequenos/as, e, por tanto, tamén para os pais.
Consellos para unha volta ao cole máis fácil
Evitar o drama. Tanto nenos/as como pais han de regresar á rutina, tarde ou cedo. Debemos tratar de normalizar este feito, por exemplo, se o peque chora á hora da separación, tentar animarlle e lembrarlle os aspectos da escola que máis estrañou durante o verán. Non debemos darlle moita importancia a esas bágoas, para o/a pequeno/a non é un drama, só un cambio.
Manter unha actitude positiva. Os/as nenos/as aprenden por imitación, por tanto, a súa actitude fronte ao seu primeiro día ou a volta ao cole vai depender moito da nosa actitude fronte á volta ao traballo. Unha actitude positiva e enérxica transmitirá aos/ás nenos/as que aínda que se acaba o verán, van volver a pasarllo pipa cos seus amigos/as na escola ou van coñecer a quen o serán.
Anticiparse á rutina. É recomendable que polo menos uns días antes da volta ao traballo e á escola papás e nenos/as vaian acomodándose aos horarios que van ter durante o ano, levantarse máis temperán, deitarse antes… son pequenos xestos que farán da volta á rutina algo máis fácil para todos.
Aos poucos. Por último aconsellamos que durante os primeiros días fagamos paulatina a volta á rutina. Que nos deamos algún “capricho” para que non se nos faga tan difícil. Saír a cear a algún sitio, visitar algún parque infantil,…, en definitiva, facer algunha actividade en familia pode facilitarnos a adaptación aos novos horarios e darnos a opción de gozar do noso tempo libre
No hay comentarios:
Publicar un comentario