Compartimos esta guía de orientacións para axudar ao profesorado a que desempeñe o necesario acompañamento emocional nesta volta ao cole elaborada, para editorial Santillana, por Antonio Rodríguez Hernández, profesor de Psicoloxía da Educación na Universidade da Lagoa.
Vídeo presentación da guía Emocreativa para unha volta ao cole desde o corazón
Na súa proposta recóllense algunhas suxerencias de actividades e experiencias inspiradas ou recollidas dos libros Educar con Co-razón e Descanser. Descansar para Ser.
Esperamos que a guía poida facilitar a tarefa educativa nuns momentos tan peculiares como complicados. E que poida ser fonte de inspiración para mestres e mestras.
LIGAZÓN PARA ACCESO Á GUÍA (organizada por capítulos ou partes).
A volta ao cole é, sen dúbida, distinta a todas as anteriores. Desde onde "volver empezar" neste novo curso escolar? Podemos inicialo coma se a realidade non cambiase, ou asumir que a terra se moveu e con ela todo o noso mundo interior.
Agora é máis que evidente a necesidade de dar un tempo e un espazo para transitar pola vida emocional que saíu á superficie durante a pandemia. E por iso, o percorrido que realizará o noso alumnado ao atravesar a porta das súas clases e entrar nelas co seu corazón afectivo, máis ou menos ferido, require de moito amor educativo por parte dos mestres e mestras.
LIGAZÓN AO TEXTO EN PDF.
Por tanto, esta proposta que vos presentamos, pode entenderse como unha guía de orientacións para axudar a que desempeñedes o necesario acompañamento emocional nesta volta ao cole.
Fonte: José María Toro
No hay comentarios:
Publicar un comentario