Para traballar a motricidade fina e a coordinación oculo-manual realizamos moitas actividades Manipulativas, con materiais atractivos e diferentes que lles motivan moito.
Algúns exemplos:
Materiais: Cubeta de xeo, pinzas grandes e pompóns
Cunha cubeta de xeo e unhas pinzas imos poñendo un pompón en cada oco. Despois podemos colocalos por cores (e aproveitamos para repasalos).

Pódense utilizar outros obxectos para meter nos buracos: bolitas de plastilina, bolitas de papel, Pequenos obxectos (macarrones, cubos de plástico encaixables...)
Materiais: Bastoncillos e cánulas de cores
Outra actividade é ensartar nun bastoncillo unha cánula. Tamén os clasificamos por cores.

Actividades de ensartar
Materiais: Petiscos de madeira, plastilina e cánulas.
Cravamos os petiscos de madeira na plastilina. A actividade consiste en introducir as cánulas polos petiscos.

Materiais: Base de papel de cociña e gomas de cores.
Ensartar nunha base de papel de cociña, gomitas de cores. Ademais podemos facer series de cores.

Con imaxinación e materiais reciclados hai infinidade de actividades para realizar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario