Estamos a piques de rematar o curso e o alumnado de 6º de Educación Primaria vai dar o salto a Secundaria.
O paso de Primaria á ESO ten unha serie de peculiaridades:
• Van ter máis materias.
• Terán máis horas de clase.
• Terán un maior número de profesores.
• Van convivir nun mesmo centro con mozos e mozas moito máis maiores que eles, de 18, 19 ou máis anos.
Para moitos mozos o inicio da etapa supón un período de tensión e ansiedade. Diferentes historias e lendas sobre o instituto (case sempre froito da imaxinación) preocupan antes de comezar. Noutros casos angústialles simplemente o novo e descoñecido. Estatisticamente está demostrado que o alumnado que levaba con éxito os estudos en Primaria, continúa facéndoo en Educación Secundaria.
Itinerarios do Sistema Educativo
CONSELLOS PARA AS FAMILIAS
1. Elaborar un horario de estudo.
- Unha vez que comece o curso, axude ao seu fillo ou filla a que elabore un horario de dedicación aos estudos.
- Aínda que se poden contemplar momentos de lecer e descanso, con todo, ao longo da semana esta terá que ser a actividade principal.
- Non só se trata de realizar deberes escolares, tamén terá que dedicar tempo a realizar repasos, preparar resumos ou adiantar traballo.
- A dedicación diaria e tranquila aos estudos é a mellor medida para previr outro tipo de dificultades. A misión da familia é supervisar esta dedicación e garantir as condicións adecuadas.
2. Falar sobre os estudos.
- Manteña comunicación co seu fillo ou filla sobre os estudos e a vida do instituto.
- Mellor que facer un interrogatorio, estea dispoñible para que o seu fillo lle conte ou plantearlle preguntas abertas.
- Escoite sen xulgar. Preguntas do tipo “E ti que pensas diso?” “Que vas facer ti?” poden axudar.
3. Mantener
contacto co Instituto.
- Os pais deben estar informados da marcha do seu fillo ou filla e non esperar aos resultados das avaliacións.
- Manteña unha entrevista ao longo de cada trimestre co titor ou titora e acuda sempre que lles chame. Adopte as medidas que lle aconsellen se fose necesario.
- Non se mostre á defensiva nin encubra ao seu fillo cando lle chamen desde o instituto. A colaboración entre a familia e o IES é indispensable nestas idades: se rompe relacións cos seus educadores, perdería un importante aliado na educación do seu fillo ou filla.
4. Desconfiar
das mensaxes
pouco creíbles.
- Ás veces os mozos dan aos pais mensaxes como “non teño nada que estudar”, “non hai exames” ou “todos os compañeiros fan o mesmo”.
- Non se deixe enganar e contraste a información.
5. Controlar o tempo adicado a
Internet.
- Nestas idades pode aumentar significativamente a dedicación a Internet, sobre todo ás redes sociais.
- Desde o principio, marque uns horarios, unhas normas estritas e supervise o seu uso.
- Os abusos neste aspecto, adoitan ser o principio dun fracaso nos estudos.
6. Establecer
contratos.
- Nalgúns casos, é necesario que a familia negocie co seu fillo e estableza unha especie de contratos.
- Nestes casos, o fillo ou a filla poderá gozar dunha serie de privilexios se cumpre o horario de estudo e obtén resultados adecuados.
- Para iso pódese utilizar o uso do computador, o teléfono móbil, a “paga” de fin de semana, entre outros.
7. Estar
informados do seu círculo de
amigos/as.
- A partir destas idades o círculo de amigos ten unha grande influencia sobre o adolescente.
- O paso a Secundaria é un momento onde se establecen novas relacións.
- Mantéñase informado e vixiante sobre as súas amizades: non sempre son unha influencia positiva.
8. Estar de acordo
entre os proxenitores.
- O manexo dun fillo ou filla adolescente é especialmente complicado para todos as familias.
- Que a parella se manteña unida, fale sobre o tema e adopte as medidas necesarias de mutuo acordo é clave para afrontar a educación nesta etapa.
- Encubrir ao fillo fronte á parella, romper acordos ou simplemente desentenderse é unha forma inadecuada de afrontar esta etapa
9. Eloxiar e animar ao/á seu/súa fillo/a.
- Desgraciadamente os mozos que teñen unha dedicación aos estudos adecuada durante a Secundaria reciben poucos reforzos e estímulos positivos, ao contrario, adoitan atoparse con máis problemas e obstáculos que o resto, por cumprir co seu deber.
- O apoio da familia, as palabras de ánimo, alento e reforzo serán fundamentais.
10. Estar
atentos aos
cambios.
- Por último, ao comezo da etapa e durante a mesma, é conveniente estar atentos a posibles cambios de humor e de conduta no seu fillo ou filla.
- Cambios bruscos como mal xenio, excesivo nerviosismo, cambios bruscos nos seus costumes, poden ser un sinal de alerta.
- Nestes casos, non deixe pasar moito tempo. Aborde o tema en primeiro lugar co seu fillo ou filla. Se isto non fose efectivo infórmese a través dos profesores do centro.
- Se houbese problemas pida axuda a outros especialistas, como o orientador ou orientadora do instituto.
MATERIAL DE INFORMACIÓN
Nos parece moi interesante a seguinte presentación realizada por Mónica Diz. É un recurso de utilidade e guía xeral.
Fai clic na imaxe
Tamén vos pode ser de utilidade este documento do Ministerio con información sobre a ESO.
Por último deixámosvos o enlace ao blogue do Departamento de Orientación do Manuel Murguía.




No hay comentarios:
Publicar un comentario