Vivimos nunha sociedade que normalmente vai moi rápido e arrastramos a nenas/os con este ritmo. Os nenos necesitan xogar e moverse, pero tamén necesitan intres para acougarse e relaxarse. Para iso existe xogos de relaxación, os cales fomentan a tranquilidade, diminúen a tensión e a ansiedade.
A práctica diaria da relaxación aporta beneficios para o noso organismo. Algúns exemplos son:
- Axuda a aumentar a autoconfianza, memoria e concentración, permite mellorar a calidade da aprendizaxe.
- Serve para distender o organismo e diminuír a tensión muscular e mental.
- Tras unha actividade intelectual ou física, a relaxación permite aos nenos/as acabar cun estado de benestar, tranquilidade e de concentración.
- Canaliza as enerxías e produce un benestar global.
- Axuda a enriquecer a sensibilidade e mellorar a calidade de sono.
- Mellora a circulación sanguínea, diminúe a ansiedade, os ataques de pánico...
Aquí vos deixamos uns vídeos baseados no libro "Tranquilos y atentos como una rana" para practicar a relaxación na casa.
Atento como unha ra
A ra
Atención á respiración
Exercicio do espagueti
O botón de pausa
Primeiros auxilios para sentimentos desagradables
No hay comentarios:
Publicar un comentario