Queremos propoñervos unha actividade:
Agora podemos saír á rúa aínda que sexa un pouquiño, pero hai moitos nenos que non poden por estar no hospital. A proposta é a de mandarlle debuxos con frases de ánimo aos nenos ingresados no Hospital Materno Infantil de A Coruña.

Aínda que os vosos nenos sexan pequechos, podedes axudarlles e incluso animar a outros nenos da vosa familia. Logo enviade a foto do traballiño co voso neno ao seguinte correo: aescolaenpijama@gmail.com
Os debuxos que enviedes serán colgados na galería virtual da Aula do Hospital Materno Infantil de A Coruña: aescolaenpijama.com. Os irmáns maiores tamén poden animarse e mandar o seu debuxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario