Cada ano, moitos nenos e nenas prepáranse para dar un paso moi importante na súa vida académica: a transición de infantil a primaria.
Para os nenos é un cambio significativo e pode ter diferentes implicacións. É o comezo dunha nova e importante etapa, na que deberá enfrontarse a certos cambios aos que se irá adaptando paulatinamente: novos espazos, novos profesores, nova organización das aulas, novas materias, cambios metodolóxicos...
Non en van, no primeiro curso, vanse adquirir contidos e hábitos de traballo básicos para cursos posteriores.
A transición a esta nova etapa require un período de adaptación; é por iso que o paso de Infantil a Primaria realízase de xeito progresivo.
Para moitos nenos/as é un signo evidente de que van sendo maiores e case sempre, isto é para eles reforzante, pero algúns alumnos/as teñen medos, preocupacións e certas dificultades para adaptarse.
- Reunións interciclo entre o profesorado de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Primaria.
- Visita dos nenos/as de sexto curso de Educación Infantil ás aulas de Primaria.
- Actividades conxuntas entre o alumnado de Infantil e primaria: Magosto, Día da paz, Entroido,...
- Información ás familias.
Dentro deste último punto, inclúense as seguintes pautas, que teñen a intención de facilitar a adaptación á nova etapa do voso fillo/a, para comezar Primaria
Pautas ás familias para que o tránsito sexa o máis llevadero posible.
Enviade mensaxes positivas sobre a nova etapa.
- Faládelle da nova etapa con mensaxes de ilusión e de posibilidades.
- Podedes resaltar todo o que vai aprender, as novas asignaturas e os seus contidos, desde unha visión positiva.
Nunca lle deades unha visión negativa.
Xunto coa pauta anterior, debedes evitar mensaxes negativas do tipo "xa verás cando empeces primeiro" ou profecías negativas: "si segues así vas a suspender e terás que repetir". Este tipo de comentarios ou ameazas non adoitan mellorar o comportamento ou as actitudes, ao contrario, adoitan empeorar as cousas e non son a mellor forma de corrixirlles.
Xunto coa pauta anterior, debedes evitar mensaxes negativas do tipo "xa verás cando empeces primeiro" ou profecías negativas: "si segues así vas a suspender e terás que repetir". Este tipo de comentarios ou ameazas non adoitan mellorar o comportamento ou as actitudes, ao contrario, adoitan empeorar as cousas e non son a mellor forma de corrixirlles.
Anticipade de forma realista os acontecementos.
- Conforme se vaia achegando o momento de incorporarse, é adecuado anticiparlle os acontecementos de xeito realista.
- Por exemplo, que vai seguir con algúns dos seus compañeiros, que vai cambiar de titor, que terá máis profesores, outras asignaturas...
- Quitádelle importancia aos rumores ou comentarios negativos sobre as novidades que vai ter.
Algúns nenos viven con preocupación e ansiedade este momento de cambio e novidade. Ademais das medidas anteriores, facilitade que se exprese e que manifeste os seus temores. Escoitádeo sen criticar, sen xulgar e sen quitar importancia. Intentade razoar e afrontar os temores de xeito realista.
- Fomentade a súa autoestima.
- Confiade nel. Moitas veces os pais/nais dubidan das capacidades e da preparación dos seus fillos/as. Este sentimento é transmitido inconscientemente aos nenos/as.
Os primeiros días de clase
- Estade especialmente atentos os primeiros días de clase aos seus comentarios, actitudes e estados de ánimo.
- Vivide e compartide co neno/a eses primeiros días intentando transmitir ilusión: revisando os novos libros, adquirindo o material para o novo curso...
- Animádelle desde o principio a dedicar un tempo diario ao traballo escolar en casa. Será a mellor medida para que teña a sensación de que pode controlar e dominar a situación.
Dificultades especiais
- Si o voso fillo/a ten especiais dificultades non debedes preocuparvos. Esta información pásase aos novos profesores e desde o comezo, téñense en conta por si necesitase algún tipo de apoio educativo.
- En todo caso, é conveniente que canto antes fixedes unha entrevista co seu novo/a titor/a para tratar o tema: se o voso/a fillo/a ten un informe psicopedagógico, as dificultades que presenta,...
Hai unha reunión informativa coas familias para informar do comezo de curso e da organización do grupo. É de suma importancia que acudades a esa reunión, que vos informedes e preguntedes polas dúbidas que creades convenientes. Para os nenos tamén é un signo de que aos seus pais interésanlles os seus estudos.
Procurade manter unha entrevista co seu titor/a. Nesa entrevista poderedes coñecer de primeira man a adaptación do voso fillo ou filla á nova etapa, poderedes informar dalgún aspecto que deba ter en conta e recoller as pautas que vos faciliten.
Información importante:
Presentación con información sobre o paso a primaria.
Mochilas escolares y dolor de espalda, como evitarlo.
Fonte: Jesús Jarque.
No hay comentarios:
Publicar un comentario