Imos a facer figuras con depresores para iso precisamos os seguintes materiáis
● Depresores (xa os hai a venta de cores) ou palitos de xeado
● Pintura
● Velcro
Como facelo
Pintamos os de presores ou palitos de xeado de diferentes cores e deixámolos secar.
Colocamos puntos de velcro nos extremos de cada palito asegurándonos de usar unha cara do velcro por diante e a outra por detrás para que o/a neno/a poida pegalos por cores ou formando diferentes figuras.
Con este xogo desenvolverán a creatividade e o razoamento lóxico. Aprenderán as cores e as formas á vez que os poden usar para clasificar e facer series para mellorar a memoria secuencial.

No hay comentarios:
Publicar un comentario