Vos presentamos esta serie arxentina animada, creada en stop motion, que fala desde unha vista inclusiva e natural sobre un neno con Síndrome de Down e como é na súa vida cotiá.
Beto ten Síndrome de Down. A súa personalidade, en combinación coa síndrome (dúas cousas totalmente diferentes) fan del un neno alegre, expresivo, cun manexo do corpo admirable pero cunha gran dificultade para comunicarse con palabras. Na serie relátase a vida de Beto cos seus pais.
Os curtos contan, en forma de Gags, instantes da relación entre Beto e os seus pais, facendo énfases na súa forma de actuar fronte a certas situacións.
Capítulo 1
Capítulo 2
Capítulo 3
Capítulo 4
No hay comentarios:
Publicar un comentario