Hoxe querémosvos recomendar un portal educativo totalmente en galego, un gran portal de entretemento para estes días: Aulas Galegas.
Fai clic na imaxe
Nestas páxinas ademais de contidos para todos os niveis de ensino, encontramos distintas seccións, como:
- Creación dixital que ofrece ferramentas de ocio baseadas en novas tecnoloxías.
- Enredos, que acolle diversos xogos.
- Estamos cos maiores, que contén recursos para persoas de idade avanza con actividades físicas, de memoria ou de coidados.
- Mares de cultura, expón o traballo de creadores de diversas disciplinas artísticas.
- Lecturas compartidas.
- Outras olladas que achega recursos para atender á diversidade funcional e a educación emocional.
Esperamos que vos sexan de utilidade!

No hay comentarios:
Publicar un comentario