martes, 21 de abril de 2020

As tarefas con ou sen axuda?

A resposta non é sinxela. Para moitos pais o facer os deberes cos/coas seus/súas fillos/as é unha obrigación máis do seu día a día. Con todo, este exceso de dedicación pode desgastalos a eles e aos/ás seus/súas fillos/as.


NIÑOS ESTUDIANDO GIFS ANIMADOS DE EDUCACION - Imagui

Para moitas familias, a hora dos deberes convértese nun campo de batalla. Os pais moitas veces están angustiados porque se pasan case toda a tarde á beira dos/as aos/ás seus/súas fillos/as facendo os deberes. Os pais deixan outras tarefas da casa para sentar a estudar de novo primaria e séntense cansos e frustrados. Por outra banda, os nenos tamén desenvolven unha excesiva dependencia e non aprenden a ser autónomos á hora de realizar os deberes, o que pasa factura á súa autoestima e ao seu rendemento escolar. Habitualmente, está situación de forma continuada xera un ambiente de tensión que prexudica tanto aos pais como aos nenos. Facer os deberes debe ser unha rutina máis e non unha pelexa entre pais e fillos.



Algúns trucos para facilitar que os nosos fillos fagan os deberes: 

1) Debemos manter un horario para facer os deberes. Este horario adaptarase ás actividades que fan os nenos e colocarase nun lugar visible. O horario é flexible porque algúns días terán máis deberes e dedicarán máis tempo e outros menos. Non é aconsellable facer os deberes a última hora cando os nenos están esgotados.

2) Debemos ter o noso lugar para facer os deberes. Este sitio debe ter o espazo adecuado, estar ben iluminado e é importante que non haxan excesivos elementos distractores como xoguetes, televisión…etc.

3) Antes de empezar a facer os deberes debemos asegurarnos de que temos todo o material necesario.

4) O primeiro paso é revisar a axenda e planificar o traballo. Unha vez revisada a axenda podemos axudar aos nosos fillos para programar o que van facer. Podemos empezar polo máis difícil e acabar co máis fácil. Podemos planificar un tempo para os deberes e un tempo para estudar. É importante ensinarlles a utilizar adecuadamente a axenda e a ser organizados.


5) Marcamos un tempo aproximado e sinalámolo nun reloxo que permanecerá visible. Moitos nenos non se dan conta do paso do tempo e pasan moitas horas facendo os deberes. Tentar marcar un límite é positivo e axúdalles a autoregularse. O tempo sempre será flexible, excepto, se detectamos que o neno está a perder o tempo excesivamente. De cando en vez, podemos lembrar o tempo que queda. Os profesores pódennos axudar e dicirnos aproximadamente canto tempo deben dedicar os nenos ás súas tarefas escolares. É importante establecer un máximo. Hai que evitar que os nenos estean a facer os deberes ata altas horas da noite e cambiar os seus hábitos de soño e alimentación.


6) Podemos axudar aos nosos fillos pero non podemos facer os deberes por eles ou sentarnos a supervisar cada palabra. Podémoslles axudar a organizarse e podemos destinar un tempo cara ao final para repasar os exercicios e para resolver as dúbidas que teñan. É importante que os nenos aprendan a traballar sós.

7) Debemos establecer consecuencias cando os nenos resístense a facer os deberes.

8) Debemos reforzar positivamente o esforzo cando fan os deberes e non só o resultado. Sobre todo, nos casos dos nenos que teñen dificultades de aprendizaxe. Cando terminan, revisamos que o traballo estea completo pero non corriximos todo o que fixeron. Os deberes corríxense en clase.

9) Se é necesario, podemos facer pequenas pausas de 5 ou 10 minutos cada hora aproximadamente.

Fonte: Psicovalencia

No hay comentarios:

Publicar un comentario