POR QUE É IMPORTANTE O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL?
Esta guía xorde da necesidade de coidar o VÍNCULO EMOCIONAL cos nosos fillos, de forma especial neste período de confinamento imposto. Perdemos dun día para outro as rutinas habituais, o cal ten consecuencias a nivel psicolóxico en todas as persoas, sendo os nenos máis vulnerables por non ter recursos nin ferramentas para enfrontar unha situación como esta. Por iso faise necesario, aínda máis se cabe, continuar asumindo a pa/maternidade consciente para poder cubrir as necesidades dos pequenos. Isto axudaranos a logar a CONEXIÓN EMOCIONAL cos nosos fillos e por tanto seguir sendo BASE SEGURA para eles. Respondendo as súas necesidades e sendo empáticos, lograremos manter forte o vínculo emocional cos nosos fillos e que este período sexa máis levadeiro para eles. Engade a todo AMOR INCONDICIONAL.
QUE FACEMOS COMO ADULTOS?
AUTOCOIDADO
Para poder coidar ben dos peques nestes días en que os adultos probablemente estamos saturados en todos os sentidos, a primeira premisa é o AUTOCOIDADO. Estar ben para poder coidar ben dos máis vulnerables. Isto inclúe o coidado físico e emocional. Lembremos que todo o tempo estamos a ser MODELOS dos nosos fillos, polo que debemos ser capaces de realizar unha boa autogestión emocional, e de transmitir CALMA e SEGURIDADE. O autocoidado variará en función de cada persoa e sistema familiar, e teremos que buscar o que máis se axuste á nosa realidade e posibilidades. Pode ser unha cea tranquila cando os nenos durman, pode ser turnarnos coa nosa parella para realizar algunha actividade que nos reconforte (ler, algo de exercicio, meditar), pode ser chamar aos nosos seres queridos, ou pode ser autocoidado con peques se non temos posibilidade de turnarnos con outro adulto, como ver unha película cos nenos ou facer unha visita virtual a un museo. Como adulto, permíteche tamén a expresión de emocións de forma saudable.
EXPLICAR
Explicarlles con palabras sinxelas que eles poidan entender en función da súa idade, o que está a pasar. Facelo de modo natural, sen envorcar os nosos medos neles e en termos positivos. Seguramente che fagan preguntas, non deixes ningunha sen responder! Igualmente falarémoslles do porqué desta situación, explicándolles que é NECESARIO permanecer en casa estes días polo ben de todas as persoas, incluídos nós, e que hai que protexerse e axudar a que os demais tamén estean protexidos. Se hai tristeza, normalizaremos a emoción e dirémoslles que entendemos que boten de menos á xente que non poden ver nestes días, ou que poidan sentirse angustiados. Explicarlles que a nós tamén nos pasa. Os nenos perciben o paso do tempo de forma moi diferente aos adultos, así pois é necesario dicirlles que esta situación é TEMPORAL, que ten un fin e que deica pouco todo volverá á normalidade e volveremos saír á rúa e a xogar cos amigos. Podes utilizar algún conto como apoio para que entendan mellor a situación.
Aquí deixámosche este conto elaborado pola Editorial Sentir:
Fai clic na imaxe
A QUE TEMOS QUE ESTAR ATENTOS?
NECESIDADES EMOCINALES VALIDAR EMOCIÓNS
A situación de confinamento fai que o noso cerebro estea constantemente en modo “supervivencia”, polo que é máis fácil que afloren emocións como o medo, o enfado, ou mesmo a tristeza. Deixa saber aos teus fillos que comprendes o que senten, que as emocións nos axudan e que non hai que evitalas, que todo o que senten é aceptado, e que o importante é aprender que facemos con elas. Facer que os nosos nenos se sintan SENTIDOS, vistos e tidos en conta; para iso podes dicirlles cousas como: “sei que estás triste por non poder ver aos teus amigos”, “entendo que estás canso porque levamos moitos días na casa”, “seino, é un rollo non poder saír para nada”, "eu tamén me sínto coma ti", antes de lembrarlles que é necesario estar na casa polo ben de todos.
O QUE FAN É IMPORTANTE
Facer fronte a unha situación de confinamento prolongado na casa, pode xerar malestar psicolóxico en todas as persoas. Se aos adultos nos custa traballo, aos nenos normalmente cústalles moito máis, principalmente porque carecen de ferramentas e habilidades socioemocionales para enfrontar unha situación deste tipo. Agradezamos aos nenos o esforzo que están a facer quedándose na casa estes días! Desta forma faremos que sentan importantes e contribuiremos a manter a súa autoestima. Transmitirlles que están a realizar un acto de gran VALOR e IMPORTANCIA para toda a humanidade
O noso labor principal como pais é facer que os nosos fillos se sintan a salvo, seguros, protexidos. Podemos ofrecer seguridade en dúas vías:
- Seguridade EMOCIONAL: dedicarlles tempo e atención de calidade, proporcionarlles información na medida da súa demanda e da súa idade, e atender as súas necesidades na maior medida en que nos sexa posible. Desta forma estaremos a enviar unha potente mensaxe: "impórtasme, cóidote, estás a salvo”.
- Seguridade ESTRUTURAL: para manter a estrutura na casa, é saudable axustar as RUTINAS á nova situación. Manter o que funcione e incorporar o necesario para que o axuste sexa beneficioso para todos os membros da familia.
Estamos nunha situación excepcional e transitoria, POR TANTO:
REBAIXA as EXPECTATIVAS, se máis flexible, mantendo os límites con AMABILIDADE e FIRMEZA cando se requira (por exemplo, se estás teletraballando no teu domicilio, explica aos nenos que terás a porta pechada e que non poderán entrar durante o tempo establecido).
Ideas de TEMPOS DEFINIDOS para:
- Tarefas da casa: é un bo momento para colaborar en responsabilidades compartidas entre todos os membros da familia, por exemplo, ordenar o armario, turnarse para poñer a lavadora…
- Tarefas escolares: o tempo dedicado a deberes será menor e máis flexible que o que dedican en clase, non se trata de que os nenos se angustien!
- Tarefas intelectuais: ver documentais, ler libros sobre temas que lles apaixonen, buscar información sobre os seus intereses, crear lapbooks…
- Xogo con pantallas: se hai xogo con plataformas dixitais é adecuado establecer un tempo e momento do día para iso, Sen que se convertan na fonte de xogo principal. Podemos aproveitar estes momentos para sentarnos con eles e ver ao que xogan e como o fan, a eles encántalles que lles vexamos xogar!
- Xogo en casa: xogo en familia, xogos de mesa, xogo libre…
NON se trata de calendarizar todo, os nenos tamén teñen que ter tempo para o ABURRIMENTO, este é positivo para o desenvolvemento do pensamento, da creatividade e a imaxinación.
DI NON Á SOBREINFORMACIÓN
Nestes días todos queremos estar informados ao último minuto, e moitas veces é practicamente obrigatorio estalo por motivos de traballo e/ou saúde. Ademais, estamos illados, e ter información constante fai que sintamos menos vulnerables. Con todo, é tarefa dos adultos saber cando parar e cando acceder a esta información, sobre todo cando hai nenos na casa que están constantemente expostos a esta información, xa que non sabemos de que modo lles pode afectar. Evita expoñer aos nenos aos medios de comunicación todo o que sexa posible.
Os nenos son moi BOS OBSERVADORES, así que van estar atentos captando todo o que ven e escoitan ao seu ao redor. Pero son moi MALOS INTÉRPRETES, sobre todo cando son pequenos.
Poden estar a interpretar toda esta información de maneira errónea, e isto provocará que vivan estes días con maior medo e tensión.
ENFATIZA O POSITIVO
Se pensamos no noso día a día seguramente todos os días levamos unha rutina atarefada na que moitos días tócanos soamente “sobrevivir”. É o momento de tomar aire e buscar todas as COUSAS POSITIVAS que trae consigo esta parada obrigatoria: facer cousas cos teus fillos que normalmente non podes facer por falta de tempo, deixar de correr para chegar a tempo aos sitios, realizar traballo atrasado en casa, poder durmir a sesta cos teus fillos e seguro que ata hai menos roupa para lavar.
Ademais, podes falar cos nenos de todo o bonito que está a suceder no planeta, como a diminución da contaminación ou poder escoitar o son dos paxaros ao abrir as xanelas…
RESPECTO MUTUO E REUNIÓNS FAMILIARES
Nesta situación anómala, na que pasamos moito máis tempo en casa xuntos do habitual, tamén é normal que xurdan conflitos con máis frecuencia. É importante poder resolvelos, desde o respecto mutuo e escoitando as necesidades, molestias e desexos de todos os membros da familia. Reunirvos unha vez á semana nun espazo libre de xuízos e comentarios negativos e aproveitade este momento para facervos apreciacións e agradecementos con positividade e para escoitar activamente aos vosos fillos. Respectade as necesidades de todos os membros da familia: as necesidades do noso fillo pequeno serán moi distintas ás do noso fillo adolescente, e ás nosas como adultos.
Por tanto, practicar, máis que nunca a EMPATÍA en familia.
BUSCA A CONEXIÓN EMOCIONAL
Todos necesitamos sentir PERTENZA, RECOÑECEMENTO e CONEXIÓN. Mantente presente e observador, fai saber aos teus fillos que ves o gran esforzo que están a facer. Cando os nenos se sinten escoitados e tidos en conta, séntense mellor. Ademais, a conexión co adulto proporciónalles a CALMA que necesitan cando ven desbordados polas súas emocións.
NECESIDADES COGNITIVAS
Benvida, CREATIVIDADE!
O cerebro dos nenos vén predeterminado para APRENDER e EXPLORAR, xa que teñen a necesidade de coñecer e comprender o mundo no que viven. Nestes días, o campo de exploración redúcese, debido a que non podemos saír á rúa e expoñernos ao ambiente, a natureza, etc. En casa temos moitas posibilidades de exploración que normalmente nos pasan desapercibidas por falta de tempo, moitas cousas das que facemos na nosa vida práctica proporcionarannos agora conexión con nosos peques se as facemos xuntos e desde unha perspectiva lúdica.
Por exemplo, COCIÑAR cos nenos, é unha actividade moi completa. Permite a aprendizaxe de números, cantidades, peso, sistemas de medida... ademais de proporcionar autonomía e aprendizaxe de habilidades que serán para toda a vida. A aprendizaxe VIVENCIAL é sempre mellor integrado polos nenos.
Tamén podemos facer EXPERIMENTOS na casa, xa que nos permiten practicar e compartir aprendizaxe dunha forma divertida. E a eles encántanlles!
NECESIDADES BIOLÓXICAS
HIXIENE
Estar na casa non implica que haxa que estar todo o día en pixama, sen vestirnos, ducharnos ou peitearnos. Manter unhas rutinas dentro da flexibilidade. Vestímonos para marcar o inicio do día ou nos duchamos como paso previo a ir durmir.
RUTINAS DE SONO
É importante manter hábitos de hixiene do soño sobre todo nos máis pequenos, con isto evitaremos outros desaxustes conductuales (perrenchas por estar moi cansos, por exemplo). É bo manter o que xa faciamos ata o de agora, por exemplo se liamos un conto antes de ir durmir, se faciamos relaxación… e se non tiñamos unha secuencia saudable de soño, pode ser un bo momento para introducila.
A MOVERSE
O movemento é imprescindible para o adecuado desenvolvemento do cerebro, así que hai que seguir mantendo a actividade física cos nenos na medida do posible. Ás veces non dispoñemos de moito espazo, pero se lle poñemos imaxinación podemos aproveitar calquera corredor da casa para poder bailar, facer algúns exercicios de estiramento ou xogos que impliquen actividade física moderada, como gymkanas ou pequenas carreiras
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Tanto tempo en casa pode favorecer que se coma en exceso e que apetezan alimentos menos saudables. Funciona moi ben realizar un calendario de comidas e ter auga e comida saudable dispoñible e ao alcance dos peques para cando sintan fame ou sede. Evita que se asocie a comida a momentos do día nos que poidan sentir aburrimento. Igualmente, tentar seguir un horario para as principais comidas.
NECESIDADES SOCIAIS
O mundo social é un dos que se viu máis afectado para nós e sobre todo para os nosos fillos. Non podemos ver aos nosos seres queridos (avós…) durante un tempo, e os nenos tampouco poden ver aos seus amigos no parque ou no colexio. Utilicemos a TECNOLOXÍA para seguir en contacto coas persoas ás que queremos. Fomentaremos o sentimento de unión e a separación non será vivida dunha forma tan drástica. Podemos realizar videochamadas para relacionarnos, ver e escoitar á xente que queremos. É un bo momento para interesarnos polo que fan, ou contarlles o que facemos nós. Podemos facer chamadas en conxunto con amigos e xogar a algo entre todos, coa axuda dun adulto se o vemos necesario. Tamén se poden gravar vídeos realizando algunha actividade (bailar, contar un conto...) e mandarllo a familiares.
ALGÚNS IDEAS PARA A CONEXIÓN EMOCIONAL
- DESCONECTA para CONECTAR: cando esteas cos teus fillos, desconecta os dispositivos electrónicos. Con este xesto estaraslles a transmitir a máis poderosa das mensaxes: "neste momento, es o máis importante para min".
- ESCOITA con interese, ponte á súa altura, míralles aos ollos e OBSERVA moito. Lograrás saber o que necesitan.
- Utiliza o CONTACTO FÍSICO: máis abrazos e menos expectativas.
- VALIDA, demóstralles que ENTENDES AS SÚAS EMOCIÓNS, e que estás ao seu lado disposto a axudar para atopar unha solución respectuosa cando haxa un conflito.
- RELATIVIZA e establece prioridades: que queres que lembren os teus fillos cando destes días cando todo pase?
- XOGA, XOGA, XOGA: o xogo é a mellor maneira de vincularte cos teus fillos de maneira saudable. Acompaña coa lectura de CONTOS, escoitando MÚSICA...
- Crea un ESPAZO DA CALMA: a el poderán acudir cando sentan desbordados emocionalmente, e tamén podemos utilizalo como un espazo para falar do que estamos a sentir. Axúdalles a poñer nome ao que senten! A TÚA CALMA É A SÚA CALMA.
IDEAS PARA O DÍA A DÍA
- Realizar unha CHOIVA DE IDEAS de cousas que nos gusta facer en casa e fotografar momentos especiais.
- Crear un SAÚDO FAMILIAR: somos un EQUIPO. Imos pasar estes días da mellor forma posible.
- Utilizar un TABOLEIRO de EMOCIÓNS e buscar un momento no día para expresar como sentides.
- Utilizar O TEMPO FÓRA POSITIVO cando necesitedes desconectar por un momento.
- Aprender a dicir o que NON NOS GUSTA desde o respecto, utilizando a fórmula "moléstame... desexaría..."
- Aproveitade para realizar XOGOS EN FAMILIA, podedes atopar ideas en:
- Escribir un DIARIO do que estamos a vivir, atesouraredes recordos familiares.
- Realiza a CAIXA DE CARICIAS, contribuirás á HARMONÍA FAMILIAR:
1.-Busca unha caixa de cartón e realiza unha ranura na parte superior.
2.- Por cada membro da familia, prepara unha chea de papeis co seu nome.
3.- Cada vez que alguén diga ou faga algo que che faga sentir ben, escríbeo no papel que leva o seu nome e mételo na caixa.
4.- Ao final do día, xuntádesvos ao redor da caixa. Cada un le en voz alta as mensaxes que escribiron para el.
FONTE: Estela Mediavilla Espinosa Psicóloga Col. M-18.098
No hay comentarios:
Publicar un comentario