Hoxe querémosvos recomendar dez contos que nos pareceron moi útiles para traballar o duelo e as perdas cos alumnos.
A nai de Julia sofre unha enfermidade terminal. Antes de morrer explícalle á nena que irá traballar nunha estrela. É un conto que trata o tema das enfermidades e os desenlaces dolorosos.
Siempre te querré pequeñín. Debi Glori. Editorial Estrella Polar.

É un conto moi entrañable, dirixido aos máis pequenos, que fala do amor incondicional entre dúas persoas: a nai e o fillo. Ademais de expor un tema tan importante como a durabilidade e a consistencia do amor, Debi Glori aborda o tema da morte. Está moi ben para traballalo en calquera momento, aínda que non se produciu ningunha morte.
Video do conto:
Vacio. Ana Llenas. Editorial Barbara Fiore.

Perder algo e afrontar o baleiro que deixou. Calquera perda provócanos tristeza e desolación, a miúdo en diferentes graos. O conto explora diferentes tipos de perdas e traballa a resiliencia, aquilo que nos permitirá sobrepoñernos á adversidade.
Edu. El pequeño lobo. Gregoire Solotareff.
O tío de Edu, un lobo pequeno, morre nun accidente cando saían a cazar. No medio deste transo, Edu atopará a un conejito que lle axudará a enterralo. A historia fala con naturalidade sobre a morte e dá importancia á amizade en momentos difíciles.
Video do conto:

O tío de Edu, un lobo pequeno, morre nun accidente cando saían a cazar. No medio deste transo, Edu atopará a un conejito que lle axudará a enterralo. A historia fala con naturalidade sobre a morte e dá importancia á amizade en momentos difíciles.
Video do conto:
Cuerpo de nube. Ana Eulate. Editorial Cuento de luz.
Fai clic na imaxe para disfrutar o conto
Kor Derito é unha ovella que ten corpo de nube e que se pon enferma. A nai cóidaa, pero finalmente, morre e convértese na nube máis bela de todas. Agora, a ovella axuda aos nenos para ter doces soños.
¿Donde está el abuelo? Mar Cortina. Tandem Edicións.
Neste conto, aprenderemos que a morte forma parte da vida e que aquelas persoas que queres van deixando ao longo do camiño. Os avós, son unha parte moi importante na existencia dos pequenos e unha ausencia que probablemente terán que afrontar.
El árbol de los recuerdos. Britta Teckentrup. Editorial Nube Ocho.
Raposo viviu durante moitos anos. Foi feliz, pero chegou a hora de despedirse. Este conto gústanos especialmente porque é optimista e nos alenta a celebrar as cousas boas da vida e os recordos felices cos nosos seres queridos que xa non están connosco.
Paraíso. Bruno Gilbert. Ed. Los cuatro azules.
Este libro fala da morte, pero faino a través de signos moi concretos e palabras poéticas. É unha gran proposta para axudar aos nenos para introducir e falar das súas propias experiencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario