lunes, 23 de marzo de 2020

ACTIVIDADES LUNS 23 - 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA

EXPERIMENTO DAS LENTELLAS MÁXICAS

O pasado día 20 de marzo comezamos a primavera, polo que un xeito de celebralo será converternos en científicos e científicas por un día coa realización deste experimento.

Resultado de imagen de cientifico dibujo niño

A nosa tarefa consistirá en plantar lentellas e ver o que acontece.
A continuación, poderedes botarlle un ollo a este vídeo para ver como se fai. 👀

Despois da súa visualización é hora de comezar co proceso de cultivo. 🌷
Se tedes algunha dúbida, deixovos un documento moi sinxelo de ler onde se indican os pasos a seguir...e por último hai que responder a unhas cuestións sobre o experimento 🍀

No hay comentarios:

Publicar un comentario