A todos nos gusta moito cociñar e outra parte boa de estar estes días na casa é que podemos axudar na cociña. Ademais podemos traballar moitas cousas cociñando:
Motricidade fina.
Coordinación óculo-manual.
Afianzamento e posta en práctica de conceptos:
Matemáticos (número-cantidade, máis, menos,…)
Temporais (agora, antes, despois, o reloxo,…)
Espaciais (dentro, fóra,…),…
Matemáticos (número-cantidade, máis, menos,…)
Temporais (agora, antes, despois, o reloxo,…)
Espaciais (dentro, fóra,…),…
Vocabulario: alimentos e cousas da cociña.
Expresión oral (organización e secuenciación).
Ademais vennos xenial para iso do traballo colaborativo e podedes facelo coas vosas familias
Como podemos facelo?
Pois collemos unha folla ou unha libreta e primeiro pensamos que receita queremos facer (empezamos por algo faciliño) pódedes buscar a receita na internet.
1º Buscamos a receita
2º Facemos unha lista de ingredientes (miramos que teñamos todo en casa)
3º Escribimos os pasos da receita
4º Cociñamos!
Gustaríanos que apuntedes a receita na vosa libreta e se podedes facer un debuxo do prato mellor!
Xa me contaredes que tal vos saíu.

No hay comentarios:
Publicar un comentario