Aínda que moitos nenos/as quedan espertos ata tarde nas vacacións, no periodo escolar deben seguir ás súas rutinas normais de soño.
Un soño adecuado é esencial para o éxito académico e o benestar xeral dos/as nenos/as, un/a neno/a de tres a cinco anos necesita entre once e trece horas de soño por noite. Os/ as nenos/as de cinco a doce anos necesitan polo menos entre dez e once horas por noite.
Desde a memoria ata o xuízo, a duración da atención, a estabilidade emocional e mesmo a inmunidade, a privación de soño afecta aos/ás nenos/as en idade escolar negativamente.
Os/as rapaces/zas débense anticipar o primeiro día de clases e comezar a irse á cama máis temperán para evitar a sensación de somnolencia diúrna e asegurar unha transición fácil á aula.
Ao redor dunha semana antes do inicio da escola, comece a axustar as súas horas de deitarse e levantarse. Este cambio podería ser difícil ao principio, pero farase máis fácil e asegurará que non se sentan mal os primeiros días de clases.
Dado que a falta de sono pode acumularse e ter efectos nocivos para os/as cativos/as, é recomendable sacar os dispositivos electrónicos da súa habitación, para que sexa o máis acougada e pacífica posible.
Segundo expertos da Universidade de Alabama en Birmingham: “Demostrouse que mesmo durmir cunha televisión acesa prívalles de 20 minutos de soño por noite, que pode non parecer moito pero que se acumula nunha semana”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario